7-06-10: FEIRA DO PAN E DO PEMENTO


26-5-10: HOMENAXE EMPRESARIOS

 

  O pasado sábado, 22 de maio a Asociación de Empresarios de Ponteceso, homenaxeou durante unha cea ós socios que se xubilaron o pasado ano 2009.

En este caso, os homenaxeados foron:

Antonio Cardezo, de "Calzados A Pesqueira" , Francisco Ordóñez, de "Almacenes Ordóñez" Jesús Couto, músico e director de corais.   e Manuel Rey, de "Carrocerías Rey"


8-01-10: SORTEO DA CAMPAÑA DE NADAL

Ata o día 21 de xaneiro, terá validez o número premiado. A partires do 21 de xaneiro ata o 4 de febreiro, terá validez o número reserva.

Axúntase lista de números premiados.  Descargar


10-12-09: HOMENAXE A LUCHO

 

  O pasado sábado, 28 de novembro, a Asociación de Empresarios de Ponteceso celebrou unha homenaxe, con motivo da súa xubilación, a D. Indalecio Blanco, mais coñecido por Lucho, que no mes de setembro se xubilou despois de pasar tantos anos detrás do mostrador de “Ferretería Lucho” en Ponteceso.

 

 Con este motivo, como é costume facer ós membros da Asociación unha vez chegados a idade da xubilación, un bo número de compañeiros da Asociación, amigos e familiares reuníronse nunha cea-baile no “Restaurante Aldeola” para acompañalo e darlle un agasallo, recordo do seu paso pola Asociación. Lucho, non puido evitar sentirse emocionado, dado que son moitos anos pasados xuntos, xa que foi un dos fundadores aló polo ano 1989


1-12-09: SESIÓN INFORMATIVA

A charla informativa tratará dos seguintes temas:

          -    Novidades no tocante á regulación do traballo autónomo (laborais, fiscais, financeiras, ...), e a aplicación real que éstas teñen na nosa actividade diaria

-    Usos máis beneficiosos das novas tecnoloxías aplicadas á empresa como elemento diferenciador

-      A formación do traballador autónomo, como aspecto fundamental, que dignifica ó traballador e o que é o mais importante, a profesionalización dos distintos sectores de actividade

 -    Axudas e subvencións tanto nacionais coma autonómicas. Apórtase o enfoque da optimización de resultados, é dicir, que as axudas sexan as máis eficaces e efectivas nos distintos sectores de actividade

            -    Estratexia comercial. Nestes tempos que vivimos, os emprendedores e autónomos xa constituidos, deberán agudizar o seu inxenio e utilizar todas as súas habilidades no eido do márketing. Dende ATA, lanzamos as ideas aplicables mási eficaces para ser levadas de xeito sinxelo á práctica.


28-11-09: CAMPAÑA NADAL 09

  Dende a Asociación de Empresarios de Ponteceso, informamos que a partires do vindeiro 1 de decembro, comeza a CAMPAÑA DE NADAL  en Ponteceso.

Este ano, o comercio e empresas de servizos do noso pobo, baixo o lema de: "PIDE UN DESEXO, MERCA EN PONTECESO", expón os seus regalos a sortear entre os seus clientes en un magnífico escaparate, valorado en máis de 7.000 € .En él, hai regalos de todo tipo: artículos de ferretería, menaxe, decoración, fogar, perfumería, xoiería, calzado, téxtil de adultos e nenos, lencería, accesorios,electrodomésticos, etc, e vales de compra para mercar, e para usar os servizos máis variados: combustible, servizos de asesoría, de limpeza, de lavandería, creación de páxina web, mantemento de vehículos, alimentación, etc.

En total, 50 participantes a repartir ilusións e desexos ós seus clientes.

Dende aquí desexamos boa sorte e boas compras.

7-10-09: BASES DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL DO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA.


30-09-09: ENTREGA DE PREMIO

Este sábado 26 de setembro entregouse o premio consistente en unha cea con aloxamento no Hosta Restaurante Casa Vasca pertencente á 1ª Ruta do Mexillón do pasado 22 e 23 de agosto.

Parabéns o afortunado

 

 


12-08-09: CHARLA INFORMATIVA

O vindeiro 21 de outubro terá lugar unha charla sobre os medios de defensa legal do comercio da cal premendo na imaxe terás información da mesma.

A charla é gratuita e será impartida por un avogado.

Non faltes

 

 


25-08-09: I FEIRA DAS OPORTUNIDADES

Sobran as palabras e tanto a feira das oportunidades como a ruta do Mexillón foron un éxito.

De seguro que se aprenderon moitas cousas para si cabe en vindeiras ocasións se poidan mellorar todos os erros que se poideron cometer.

Esperamos seguir promovendo actividades co apoio do comercio e das empresas de Ponteceso.


12-08-09: 1ª RUTA DO MEXILLÓN

Os días 23 e 23, coincidindo coa feira das oportunidades, teremos unha Ruta do Mexillón, para poñer en valor a hostelería de Ponteceso.

Poderedes degustar este manxar de diferentes maneiras en 11 locales do Pobo, como son:

Restaurante A Pesqueira, Tasca A Ferradura, Taberna O Foxo, Bar R.S., O Cruce, Abeiro, A Eira, Faldra Folk, Vinoteca Elias, Rosalía e Bar Novo.

Si eres capaz de facer a ruta enteira, poderás participar no sorteo de unha cea con aloxamento no Hostal Casa Vasca de Barizo.

O Horario será os dous días de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00.

Anímate a participar


7-08-09: I FEIRA DAS OPORTUNIDADES

Os vindeiros días 22 e 23 de agosto celebraremos na praza do recheo en Ponteceso a I Feira das Oportunidades.

Esta feira enmárcase nas actividades que esta A.E.P. está a promover para dinamizar o comercio de Ponteceso.

Estarán case que vinte establecementos de Moda téxtil, Infantil, Decoración, Fogar, Perfumería, Xoieria e Reloxería, Óptica, Suministros Industriais, Tecidos e Cortinas, Lencería, Regalos, etc.

Nela poderás atopar máis de 3.000 produtos a prezos con ata o 60% de rebaixa, no máis puro concepto Outlet.

O horario será de 10:00 a 21:00 horas.

Preme no cartel para amplialo e difundilo.


29-07-09: O CONCELLO DI NON A ZONA AZUL

O Concello entende que a maneira de competir coas grandes superficies comerciais é obrigar a deixar o coche a 150 mts das tendas e polo tanto ve ineficaz esta medida proposta pola A.E.P e respaldada por unanimidade polos comercios do pobo. 87 COMERCIOS: 84 SI / 3 DALLE IGUAL

Ainda así o Concello cree que a zona azul beneficiaria ós comercios, pero non así ós particulares e "hai que pensar na maioría..."


17-07-09: PREMIO NACIONAL DE ARTESANIA

A empresa de Cantería Ricardo Antelo, situada na Bugalleira, ven de acadar o 1º premio nacional de Artesanía por unha peza innovadora, chamada "do gozo" fruto da colaboración co deseñador madrileño Vicente Porres.

 

A peza destaca tanto polo seu deseño como sobre todo por ser feita en granito, dado que resulta moi complexo traballar este tipo de material.

Fotos: La Voz de Galicia

+ info: www.ricardoantelo.com

«A pedra ten que buscarse un oco no mercado do deseño»


6-07-09: ACOMPAÑOU O BO TEMPO

Este ano si que acompañou o tempo e a feira foi un continou goteo de xente que disfrutou esta vez sí, de coches e motos clásicas, de competición, radiocontrol (expectacular), ecolóxicos, e un largo etc.

Cerráronse algunhas ventas e outras quedaron apalabradas, polo que a organización quedou contenta do resultado final desta II Feira do Motor.


25-06-09: II FEIRA DO MOTOR

O vindeiro sábado 4 de xullo celebrarase a II Feira do Motor en Ponteceso.

Haberá sobre todo vehículos de ocasión e ecolóxicos (a gas) para mercar, e tamén maquinaria agrícola e industrial.

 Ademais teremos tempo para o ocio con actividades que van dende motos clásicas, coches de competición a unha exhibición de radiocontrol, amenizado polo grupo de gaitas "O Cruceiro" da Asociación San Xoán de Xornes, que ven no eido de colaboración que a A.E.P. ten coa federación de asociacións "Fasponte".

Haberá tamén agasallos promocioais do Concello de Ponteceso para os visitantes.

Preme no cartel para amplialo e difundilo.


10-06-09: CHARLA DO IGAPE

Xoves 11 a partires das 20:30 no local da Asociación:  Sesión Informativa do IGAPE "LÍNEAS DE APOYO A LA ACTIVIDAD EMPRESARIAL", impartida por técnicos de AFIGAL

Moi interesante para todos aqueles que esten pensando en pedir axudas para a sua empresa.


5-06-09: CABODANO DE JOAQUÍN DOMÍNGUEZ

Dende a Asociación de Empresarios de Ponteceso, recordamos a Joaquín Domínguez Varela presidente de honra da A.E.P e que terá unha homenaxe póstuma no  Polígono Industrial de Tella, coa implantación  dunha placa conmemorativa na rúa que levará o seu nome na fachada principal  en dito polígono.

Así mesmo a A.E.P. está a recopilar material de tod@s @s directivos que xa non están connosco.


14-05-09: II FEIRA DO PAN

O vindeiro 23 de  maio celábrase na "Feira da Trabe" ,en Ponteceso, a II FEIRA DO PAN.

En ela participarán as panaderías "Forniños" de Ponteceso,"Pazos " de Pazos, "Forno Novo" de Malpica, "Lita" de Neaño e a pastelería "Mimos" de Ponteceso, e haberá degustación gratuita dos productos marabillosos que elaboran, pan,boroa, roscas, empanadas, bizcoitos, tortas... e asimesmo tamén poderemos mercalos.

Todo iso amenizado polo Grupo de gaitas da "Asociación A Coteleira" de Cores-Nemeño.

Tamén virá a "Pulpeira do Carballiño", para acompañar ese magnífico pan.

Patrocinan: "Caixa Galicia", "La Caixa", "Cámara de Comercio"     -    Organiza: AEP


3-05-09: VIAXE A NOIA

 O vindeiro domingo 24 de maio visitaremos Noia nunha viaxe programada cunha reunión con un representante do Centro Comercial Aberto desta vila, para intercambiar opinións comerciais  coa idea de implantar en Ponteceso un modelo de CCA similar, e visitar estes comercios.

Todos os socios que estean interesados nesta viaxe que se poñan en contacto coa asociación para mais información. A súa web: www.noiahistorica.org


24-04-09: II XUNTANZA EMPRESARIAL

Dende a Asociación de Empresarios de Ponteceso, comunicamos que proximamente, terá lugar a II XUNTANZA EMPRESARIAL COSTA DA MORTE, que se celebrará en Baio, no Restaurante Palacio de Cristal.

  Cada asociación distinguirá a unha empresa ou colectivo do seu entorno. Asimesmo, Fecom entregará dúas distincións supracomarcais.


23-04-09: CURSOS INFORMÁTICA

 Durante todo este mes estase a realizar no local da Asociación de Empresarios de Ponteceso, organizado por dita Asociación e impartido por Academia Naranco, un cursiño de Informática cos contidos de Word e PowerPoint, dirixido ós comerciantes (donos e empregados) de Ponteceso e Cabana.

  Dito curso estase a realizar con gran aproveitamento e os alumnos xa están solicitando que se faga unha continuación.


30-03-09: PONTECESO FOI SOLIDARIO:

  Bo sabor de boca nos quedou da 1ª feira solidaria donde a xente aproveitou a feira para vir a poñer un grao de area, ben doando sangue ou mesmo mercando solidario ou traendo roupa ata que houbo que parar por non dospoñer de sitio.

    Non acompañou moito o tempo, pois estivo frio e con vento pero polo menos esta volta a choiva foi "solidaria"

Decir tamén que a doazón de sangue foi de record.


23-03-09: FEIRA SOLIDARIA:

  Dende a A E P , seguindo coa campaña de relanzamento da feira da Trabe e o seu entorno comercial, queremos, en estes tempos  difíciles e de  crisis, aportar o noso grao de area para poder axudar ós mais necesitados, organizando a "Feira Solidaria", o vindeiro sábado día 28 de marzo, de 9.00 horas ata as 15:00 horas.

   En ela poderá participar todo o mundo, aportando roupa (pode ser usada, limpa e en bó estado), alimentos non perecedeiros, donativos en metálico ,doando sangue ou ben mercando as diversas cousas que as asociacións colaboradoras poñen á venda.

Pregamos a colaboración, é por unha boa causa


2-03-09: Ainda quedan algunhas prazas para o curso de MANIPULADOR DE ALIMENTOS do 10 de marzo - 20:45 h a 23:00 h organizado pola A. Empresarios de  Ponteceso.

  Debido ás solicitudes que había feitas, as prazas quedaron case cubertas antes de abrir o prazo de inscrición, de xeito que quedan poucas libres.

    Recordamos que pode asistir calquera persoa deste ou de doutro concello, asociados ou non. Os socios así como os seus empregados teñen unha bonificación do 40% sobre o prezo do curso. + info: na AEP


25-02-09: CURSO DE INFORMÁTICA DE XESTIÓN

O curso é para traballadores do sector comercio en activo.

O curso sería na nosa sede, empezaría o 9 de marzo, é de 80 horas de duración, e as clases serían os luns, martes, xoves e venres, o mércores descansaríase e o horario sería de 20.30 a 23.30, con posibilidades de adaptalo. Precísanse entre 16 e 20 alumnos.

Poden ser propietarios ou empleados.


7-02-09: EXITOSA XORNADA INFORMATIVA

Este venres tivemos unha importante Xornada informativa por parte do Secretario de Estado de Asuntos Exteriores en Bruselas e un técnico do IGAPE con máis de 200 asistentes.

Esta xornada informativa estivo adicada a axudas aplicables a empresas por sector de actividade e tamén sobre axudas á internacionalización. Ver web fundación >>>

Foron moitas e variadas as dúbidas plantexadas polos múltiples asistentes


5-02-09: CHARLA DE COMERCIO CON FUTURO

Este xoves, 5 de Febreiro, ás 21:15 horas, na Taberna o Foxo, os comerciantes do concello e da redonda están invitados a un acto no que a Directora Xeral de Comercio, Ana Rúa, exporá as políticas e as prioridades que viñeron tendo no seu departamento e ás que terán se acadan goberno para estas próximas eleccións. Un interesante encontro para reflexionar e aclarar propostas e accións. Por suposto, date por invitado.


2-02-09: XORNADA INFORMATIVA

Esta semana temos unha importante Xornada informativa que impartirá o Secretario de Estado de Asuntos Exteriores en Bruselas e o Director do IGAPE dirixida ós asociados de cada  Asociación.

Terá lugar o venres 6 de Febreiro, ás 21:00 horas no Restaurante A Lagoa de Vimianzo.

Esta xornada informativa está adicada a axudas aplicables a empresas por sector de actividade e tamén sobre axudas á internacionalización.

É necesaria a confirmación para asistir.


26-01-09: ENTREGA PREMIO NADAL 08

Este sábado foi entregado o premio da campaña de Nadal na Pescadería Conchita e Rioboo e logo acompañamos á agraciada en algunhas das súas primeiras compras por Ponteceso.

Foi seguida de moita expectación polos clientes das tendas ás que acudimos debido en parte o transporte que se habilitou ó respecto e ó seguimento mediático do que tendes parte nestas fotos.


22-01-09: CEA EMPRESARIOS 2009

O vindeiro sábado dia 31 de xaneiro faremos a cea anual, desta vez para socios e participantes na campaña de nadal. Será no restaurante A Lagoa de Vimianzo e haberá autobús de ida e volta.

Por outra banda este sábado será a entrega do premio de 3.000 Euros ás 12:00 na pescadería de Conchita e Rioboo.

Para + info (menú, prezo, etc): 981 71 54 93


8-01-09: CAMPAÑA DE NADAL 08/09

A pescadería Conchita e Rioboo tiveron a honra de repartir este ano o premio de 3.000 Euros en vales de compra que a A.E.P. sorteou entre os que mercan en Ponteceso.

O Nº premiado foi o 28.920 e ainda ninguen o reclamou a dia de hoxe ...

12-01-09: O premio recaiu en Dona ASUNCIÓN PARGA COUSILLAS, do Couto. Parabéns


15-12-08: ASAMBLEA XERAL DA A.E.P.

ORDE DO DIA:

1º-   Nombrar   a   Joaquín   Domínguez   Varela,  presidente  de  honor  da  A.E.P.

2º-   Presentación   das   cuentas   anuales.

3º-   Información  dos   traballos  realizados  no  ano  2008   pola  A.E.P.

4º-   Propostas  para  o  ano  2009.

5º-    Abrir  o  prazo  de  candidaturas   á  Directiva  da  A.E.P. ,  Prazo  30  dias.

6º-     Rogos   e  preguntas


10-12-08: NOVA MERCERÍA - SILVIA

Sigue aumentando a oferta comercial en Ponteceso. Desta volta é no ramo da mercería, lencería, bisutería e complementos da man de xente nova pero con unha ampla experiencia no noso pobo da man de outro comercio.

Esperemos que esta aventura en solitario sea fructífera e dámolle a benvida desde a A.E.P..

Podes atopala na Avda. Anllóns 1 - Baixo C


5-12-08: REMATE DOS CURSOS DA A.E.P.

Remataron os cursos impartidos na A.E.P. con unha afluencia masiva e con unhas aprendizaxes que de seguro nos serán moi útiles en canto á utilización de recursos telemáticos que cada día aumentan na rede.

Esperemos que en vindeiros cursos o interés que desperten sexa semellante a estes pois a pesar de que dan moito traballo, vense recompensados coa afluencia de todos vós.


1-12-08: COMENZA A CAMPAÑA DE NADAL

Comenza a campaña organizada pola A.E.P. que este ano trae algunha novidade como sorteos pola radio (fórmula hit, 106.5) para atopar a estrela que traerá moitos premios directos e tamén 3.000 Euros en vales de compra para gastar nos comercios participantes en esta campaña.

Tamén é novidade que o premio de 3.000 Euros haberá que gastalos en un sólo día, polo que o espectáculo está servido

Quen non soñou algunha vez con algo así ...


29-11-08: FEIRA DO MOTOR EN PONTECESO

Hoxe sábado día 29 de novembro teremos a 1ª Feira do Motor de Ponteceso englobada nas distintas feiras temáticas que están a promover a A.E.P.

Haberá sobre todo tipo de vehículos de ocasión coa colaboración das distintas casas de este sector do concello, pero tamén haberá sitio para vehículos agrícolas, motos clásicas, coches de competición, coches híbridos e ata unha exhibición de coches de radiocontrol ás 16:00 h..


27-11-08: XA TEMOS TDT EN PONTECESO

Despois de varias reclamacións e dado que xa estaba instalada pero nón conectada, a A.E.P. consegue POR FIN QUE "SUBAN O MACHETE" como quen di.

Esperemos que a disfrutedes tod@s e que sigan chegando todas as cousas que nos fan estar orgullosos de donde vivimos cos mesmos servizos que os demais.

+info:http://www.tdtgalicia.es

"Non se descartan cortes ata o 31 de decembro"


14-11-08: FEIRA DO MOTOR EN PONTECESO

O vindeiro sábado día 29 de novembro teremos a 1ª Feira do Motor de Ponteceso englobada nas distintas feiras temáticas que están a promover a A.E.P.

Haberá sobre todo vehículos de ocasión coa colaboración das distintas casas de este sector do concello, pero tamén haberá sitio para vehículos agrícolas, motos clásicas, coches de competición, coches híbridos e ata unha exhibición de coches de radiocontrol.

Esperemos que o tempo acompañe e sexa un bo día de ocio e tamén de negocio.

Haberá feira como de costume con pulpeira e bar.

Ver cartel feira >>>      Video Youtube>>>


10-11-08: NOVA TENDA DE MODA INTERIOR

A Medias é unha nova mercería que abre as súas portas con moita ilusión e por satisfacer as necesidades de roupa interior e complementos para home, muller e nenos.

Podes atopala na Avenida Eduardo Pondal moi preto de La Caixa e aproveitar que estan cerca os regalos de nadal para acercarte a visitala.

Sorte desde a A.E.P


6-11-08: NOVO SUPER RIVERA SOUTO

O Supermercado Rivera Souto amplía a súa oferta abrindo unha nova tenda na Avenida Bergantiños con unha extensa oferta nos produtos de sempre ademáis de pescadería fresca , carnicería e unha gran variedade de conxelados.

Dispón tamén de múltiples ofertas que de seguro farán máis levadeira a cesta da compra nestes tempos que corren.


30-10-08: ESTRATEXIAS DO PEQUENO COMERCIO

Estratrexias do pequeno comercio para ser competitivo.

6 de novembro de 2008 - 20:00 h

        

Programa: Ver


25-10-08:FEIRA DAS FABAS

Todo a punto para outra edición da Feira das fabas, e xa van 18.

Desde as 8:30 da mañan traballarase arreo para poñer en venda máis de 3.000 racións da legume máis famosa de Ponteceso.

Haberá grupos de gaitas, concursos das mellores fabas e tamén unha pulpeira do Ulla.

+info: www.ponteceso.net


23-10-08:PLAN DIRECTOR DE ESTRADAS

O pasado mércores 22 de outubro tivo lugar na localidade de Bembibre unha xuntanza entre as Asociacións de Empresarios de Santa Comba, Comarca de Soneira, Ponteceso, Xóvenes Empresarios de Bergantiños, e Val do Dubra para reivindicar a inclusión no Plan Director de Estradas de Galicia, a estrada Santiago- Santa Comba e Portomouro- Carballo. Pola  importancia que ten para o desenrolo de estas comarcas a conexión coa capital de Galicia, aeroporto,estación ferroviaria e conexión co resto do Estado.

Acordouse tamén a parte de presentar a oportuna alegación a dito plan, solicitar unha entrevista coa Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Dna María Xosé Caride Estévez.

plan_director.jpg

Vídeo Plan Director
Presentación
Rede Art. A Coruña

13-09-08:CURSOS GRATUITOS

Para empresarios e traballadores

IMPARTIDOS POLO FEGAPE, NA AULA DE INFORMÁTICA
DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTECESO

ENTREGARASE:

1 LECTOR de DNI aos asistentes a este curso
1 DVD para a PEME con ferramentas informáticas de software libre

INSCRICIÓN PREFERENTE para SOCIOS
e empregados de socios. Prazas Limitadas

    
 


1-10-08:CONTROIS DE VELOCIDADE

A partires do 1 de outubro, a Policía Local do Concello de Ponteceso, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, comezará cos controis de velocidade con radar en todo o casco urbán.
Prégaselle a tódolos automovilistas que extremen as precaucións e cumpran coas normas de seguridade legalmente establecidas no Código Xeral de Circulación.
 

Ver Cartaz Informativo 


29-08-08: CLAVES PARA CREAR E XESTIONAR UNHA EMPRESA.

Xoves, 2 Outubro 2008

HORARIO: 20:30 a 22:30
PONENTES: D. Federico Porto Arias (Economista, Departamento de Administración).

No local da A.E.P.

Programa >>>
 


26-09-08:PIDE A TUA TARXETA SOLRED

Descontos por consumo de gasóleo nas Estacións de Servicio de Repsol, Campsa ou Petronor  PARA OS SOCIOS DA A.E.P.

 - 4,2 céntimos de euro por litro (7 pesetas/litro) nas gasolineiras da provincia da Coruña.

- 3,6 céntimos de euro por litro (6 pesetas/litro) nas estacións de servicio do resto de España

As tarxetas son válidas tanto para consumo de gasóleo como para os peaxes das autopistas


inicio <<<  >>> anteriores